A XLVI edición do “tinto” congrega milleiros de persoas en Barrantes

A pesar de que o tempo non acompañou nalgúns momentos, a “XLVI Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas” superou, en cifras xerais, á pasada edición.

DSC_2107Foron milleiros de persoas as que se achegaron a Ribadumia durante os catro días de celebración a desfrutar coa festa. Orquestras, bandas de rock, pasacalles, xogos populares e exhibicións de patinaxe artístico ou ximnasia rítmica foron algunhas das actividades organizadas para desfrute dos presentes.

IMG_20180602_155754

O Xantar de Confraternidade, que nesta ocasión atraeu a un bo número de novos comensais de fora do municipio, bateu récords con máis de 700 persoas. Autoridades, veciños e visitantes degustaron o tradicional menú de polbo á feira, carne ao caldeiro, fresas con viño e rosca, acompañado polos mellores tintos seleccionados nesta edición polos catadores.

En canto ás ventas de viño, as cifras experimentaron un  ascenso con respecto á pasada edición. Así mesmo, cabe destacar a gran afluencia de visitantes que se achegaron a degustar os caldos dende diversos puntos de Galicia e incluso de fóra da nosa comunidade, o que supón non só un recoñecemento a Ribadumia, senón tamén unha perfecta oportunidade para dar a coñecer a festa máis alá do municipio.

Advertisements

A III Andaina Solidaria do tinto bate récords de donativos

IMG-20180608-WA0031_optUn novo ano, o Concello decidiu celebrar a que se está a converter nunha tradición máis da “Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas”: a Andaina Solidaria. Trátase xa do terceiro ano consecutivo no que se leva a cabo esta iniciativa, que pretende recadar fondos para algunha entidade que participe en causas solidarias. As pasadas edicións, Cáritas foi a asociación elixida para recibir os donativos que os participantes na camiñada fixeron de xeito voluntario. Nesta ocasión, a beneficiada foi a asociación BATA, que loita pola inclusión social das persoas con autismo, así como na axuda aos seus familiares.

Na súa terceira edición, a organización destacou un aumento da participación, que consolida o crecemento progresivo da actividade. Pero, sen dúbida, o dato máis salientable foi o de recadación que, nesta ocasión, acadou unha cifra récord: 800€ aportados polos participantes cos seus donativos, unha cantidade bastante superior ás acadadas en anteriores edicións.

O pasado venres, os representantes do Concello e a Organización da andaina fixeron entrega do cheque simbólico ao presidente da asociación, Mario Trigo. Os fondos recibidos, comentou,  irán destinados principalmente á compra de material e mobiliario para unha nova aula pedagóxica que a asociación ten previsto abrir este ano, e que permitirá ampliar as prazas do Servizo Educativo ofrecido por Bata para rapaces e rapazas de 3 a 21 anos.

Dende o Concello e a Organización da andaina queremos tamén recoñecer e agradecer a colaboración de todo os participantes, que fan que esta iniciativa sexa posible e que este ano mostraron máis que nunca a súa solidariedade e implicación co maior donativo acadado ata a data.

Ribadumia elixe os mellores viños tintos e autóctonos do ano

Tras as catas finais de viños desta “XLVI Edición da Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas”, celebradas durante a investidura dos novos valedores da “Orde do Viño tinto do Salnés”, o xurado elixiu os doce mellores caldos presentados a concurso este ano.

Ao remate do Xantar de Confraternidade, os adegueiros escollidos recolleron os seus premios das mans dos representantes do Concello de Ribadumia e outros municipios da comarca, así como da Deputación e a Xunta de Galicia.

No caso dos tintos, o xurado decidiu conceder os seguintes galardóns:

tinto (40)

1º premio José Manuel Piñeiro González, de Leiro.

2º premio Mª Victoria Núñez Paz, de Leiro.

3º premio Antonio Gondar Muñiz, de Ribadumia.

4º premio Manuel Núñez Señoráns, de Leiro.

5º premio Carla García Bemposta, de Baión.

6º premio Francisco Abuín Núñez, de Leiro.

En canto aos viño autóctonos, os premiados este ano foron:

DSC_0965

1º premio Ramón Lede Caramés, de Leiro.

2º premio Jesús Piñeiro Barral, de Meis.

3º premio Daniel Abal García, de Ribadumia.

4º premio Soledad Cores Padín, de Barrantes.

5º premio Nuria Serantes Buceta, de Ribadumia.

6º premio Edelmiro Serantes Barral, de Ribadumia.