Bando

BANDO 2018

Bando Tinto do Salnés 2018-001

 

VIÑO TINTO ETIQUETAA Comisión organizadora da FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS E EXALTACIÓN DAS VARIEDADES AUTÓCTONAS de Barrantes (Ribadumia), que terá lugar os días 1, 2 e 3 de xuño, comunícalles aos CONCURSANTES-COLLEITEIROS que as CATAS realizaranse no CENTRO SOCIAL de SAN ANDRÉS DE BARRANTES, creándose para iso un COMITÉ DE CATA composto por catadores e viticultores con representación de todas as parroquias do Concello.

Entrega de Viños

Os viños Tipo Barrantes e Autóctonos que se presentan a concurso deberán entregarse no Centro Social San Andrés de Barrantes os días 4 e 5 de maio, entre ás 19.00 e 22.00 h.

Primeiras precatas

As primeiras Catas celebraranse os días 7, 8, 9, 10 e 11 de maio, a partir das 21.00 h no Centro Social San Andrés de Barrantes.

Precatas finais

As Precatas finais celebraranse os días 23 e 24 de maio a partir das 21.00 h.

Nota: As catas estarán abertas aos viticultores que queiran participar.

 Normas

Para participar no concurso de Viño Tinto tipo BARRANTES e Variedades Autóctonas deberán presentarse 6 botellas tipo bordalesa, para as catas, nos días e horas que se especifica no apartado “Entrega de Viños”.

Os viticultores clasificados na primeira precata terán que entregar posteriormente 12 botellas de viño Tinto Barrantes, no lugar e no día que lles indicará persoalmente a organización.

Catas Categoria Autóctonos.

As catas serán o 25 de maio.

Para máis información, poden dirixirse ás seguintes persoas:

  • Mar Moimenta: 608 580 788
  • Miguel Castro: 666 966 373