Como é tradicional, o sábado da “Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas” celebrarase o Xantar de Confraternidade, que reunirá arredor da mesa a centos de persoas. O menú, coma sempre, estará composto por empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro e fresas con viño, e regado polos mellores viños da zona. Por suposto, tamén haberá pan, auga e refrescos, todo por 25€.
As entradas para participar na comida desta 46º edición da festa, pódense mercar xa en calquera dos seguintes establecementos:
BARRANTES
- Bocateria Lareka.
- Bar Che.
- Cafetería Aromas.
- Bar O Santiaguiño.
- Mesón Lucho
- Recambios Serantes
- Oficina de Abanca.
- Oficina Banco Pastor.
LOIS
- Tapería O Pendello dos Martís
SISÁN
- Taberna Os Lagos.
LEIRO
- Restaurante Casa Lede.
VILARIÑO (Cambados)
- Bar Adolfo.
Para todos aqueles que non poidan mercar os boletos de xeito presencial, este ano, o Concello pon ao seu servizo a posibilidade de reservalos mediante o seu abono na conta ES41 0030 6246 1508 7000 1271 do Banco Santander. No concepto indicarase “Entrada Xantar Festa Tinto 2018 + nº entradas”. Despois, deberase enviar o xustificante do pago ao correo comunicación@ribadumia.org, incluíndo o nome e apelidos da persoa que pasará a collelas, así como un teléfono de contacto. Os pases poderán ser recollidos os días previos no propio Concello de 8:00 a 15:00 ou, durante as xornadas da festa, no noso stand.
Ademais, como na anterior edición, levarase a cabo un sorteo de entradas mediante as redes sociais. Este ano serán catro os afortunados que poderán desfrutar do Xantar de xeito totalmente gratuíto, dando a “gústame” e compartindo algunha das publicacións creadas a tal efecto, tanto na páxina de Facebook oficial desta festa como na do Concello de Ribadumia. Será ata o 30 de maio cando os que o desexen poderán probar sorte, axudándonos a difundir a Festa, mediante algún dos seguintes enlaces: