A “III Andaina Solidaria” recadará fondos para BATA

IMG_20180525_111126O Salón de Plenos do Concello acolleu onte a presentación oficial da “III Andaina Solidaria” da “Festa do viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas”.  No acto estiveron presentes o alcalde e varios concelleiros, así como membros da Comisión Organizadora da Festa e da asociación á que este ano irán destinados integramente os donativos recadados.

Trátase do terceiro ano consecutivo no que se organiza esta andaina, que nesta ocasión terá como protagonista á asociación BATA. Esta organización busca mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista, a súa inclusión e oportunidades no día a día, así como ofrecer apoio aos familiares.

David Castro quixo aproveitar a oportunidade para felicitar á asociación e aos seus traballadores e voluntarios a labor que realizan, así como a todas aquelas persoas e entidades patrocinadoras que fan posible a organización desta andaina e a recadación de fondos que, cada ano, se destinan a unha asociación con carácter solidario.

Como de costume, a andaina terá lugar o último día da festa, domingo 3 de xuño. Ás 10:30 horas, os participantes partirán do aparcadoiro situado nas inmediacións da rotonda de “Os Castaños” (Barrantes) e transitarán pola “Senda Fluvial Do Umia”,  a “Ponte dos Padriños”, en Pontearnelas, ou o “Pazo de Barrantes”. Trátase dun fermoso percorrido duns 12 quilómetros con pouca dificultade, o que o fai accesible para persoas de tódalas idades, incluso con algún problema de mobilidade.

Pouco antes da saída, a organización repartirá os dorsais e recollerá os donativos voluntarios destinados a BATA. Ademais, ao longo do paseo e no remate do mesmo -nos postos da festa-, haberá varios puntos de avituallamento.

Aínda que a inscrición non é obrigatoria (quen desexe realizar o percorrido pode achegarse ao punto de saída na hora sinalada e anotarse alí mesmo), a organización agradece que aquelas persoas que teñan previsto participar se anoten previamente polas canles sinaladas na sección “andaina solidaria”.

Advertisements