A XLVI edición do “tinto” congrega milleiros de persoas en Barrantes

A pesar de que o tempo non acompañou nalgúns momentos, a “XLVI Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas” superou, en cifras xerais, á pasada edición.

DSC_2107Foron milleiros de persoas as que se achegaron a Ribadumia durante os catro días de celebración a desfrutar coa festa. Orquestras, bandas de rock, pasacalles, xogos populares e exhibicións de patinaxe artístico ou ximnasia rítmica foron algunhas das actividades organizadas para desfrute dos presentes.

IMG_20180602_155754

O Xantar de Confraternidade, que nesta ocasión atraeu a un bo número de novos comensais de fora do municipio, bateu récords con máis de 700 persoas. Autoridades, veciños e visitantes degustaron o tradicional menú de polbo á feira, carne ao caldeiro, fresas con viño e rosca, acompañado polos mellores tintos seleccionados nesta edición polos catadores.

En canto ás ventas de viño, as cifras experimentaron un  ascenso con respecto á pasada edición. Así mesmo, cabe destacar a gran afluencia de visitantes que se achegaron a degustar os caldos dende diversos puntos de Galicia e incluso de fóra da nosa comunidade, o que supón non só un recoñecemento a Ribadumia, senón tamén unha perfecta oportunidade para dar a coñecer a festa máis alá do municipio.

Advertisements