Andaina Solidaria

III Andaina Solidaria   Presentamos a III Andaina Solidaria. Premendo no seguinte enlace podedes acceder á ruta de 12 quilómetros, que percorreremos o domingo.

http://www.endomondo.com/embed/routes?id=915506475&width=900&height=600

   A saída está prevista para as 10:30 da maña do domingo 3 de xuño. Terá lugar no aparcadoiro situado nas inmediacións da rotonda de “Os Castaños”, en Barrantes, punto de confluencia da “Ruta da Pedra e da Auga” e da “Senda Fluvial Do Umia”. Por esta última descorrerá gran parte do percorrido da nosa andaina.

Un paseo agradable, pensado para toda a familia, ao longo do cal, ademais da senda do Umia, entorno de gran beleza, pasaremos por lugares interesantes, como a Ponte dos Padriños, en Pontearnelas, ou a carreira de eucaliptos do Pazo de Barrantes. Ademais, disporemos de varios puntos de avituallamento ao longo do percorrido e na liña de chegada, que estará localizada a carón da carpa dos stands da XLVI Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas.

foto andaina   Nos minutos previos á saída, procederase ao reparto de dorsais e á recollida dos donativos, destinados a apoiar a labor de BATA. A este respecto, inda que a inscrición previa non é obrigatoria e calquera que se achegue pode anotarse xusto antes da saída, por cuestións organizativas pedimos que as persoas que teñan previsto ir se anoten con anterioridade, ben mandando un mail a tintobarrantes@gmail.com, ben a través dunha mensaxe privada no noso perfil do facebook ou ben chamando aos números

672 418 619,   986 909 982 (de 9:00 a 15:00 horas) ou 986 71 84 91/99 (de 8:00 a 15:00 horas).

Advertisements