Andaina Solidaria

CARTEL IV ANDAINA SOLIDARIA TINTO 2019  Presentamos a IV Andaina Solidaria. Unha ruta de 12 quilómetros, que percorreremos o domingo 2 de xuño.

   Poden consultar o transcorrer da mesma na seguinte ligazón:

                                https://bit.ly/2JyRVl5

   A saída está prevista para as 10:30 da maña do domingo 2 de xuño. Terá lugar no aparcadoiro situado nas inmediacións da rotonda de “Os Castaños”, en Barrantes, punto de confluencia da “Ruta da Pedra e da Auga” e da “Senda Fluvial Do Umia”. Por esta última descorrerá gran parte do percorrido da nosa andaina.

Un paseo agradable, pensado para toda a familia, ao longo do cal, ademais da senda do Umia, entorno de gran beleza, pasaremos por lugares interesantes, como a Ponte dos Padriños, en Pontearnelas, ou a carreira de eucaliptos do Pazo de Barrantes. Ademais, disporemos de varios puntos de avituallamento ao longo do percorrido e na liña de chegada, que estará localizada a carón da carpa dos stands da XLVII Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas.

foto andaina  Nos minutos previos á saída, procederase ao reparto de dorsais e á recollida dos donativos, destinados a apoiar a labor de Esperanza Salnés. A este respecto, inda que a inscrición previa non é obrigatoria e calquera que se achegue pode anotarse xusto antes da saída, por cuestións organizativas pedimos que as persoas que teñan previsto ir se anoten con anterioridade, ben mandando un mail a comunicacion@ribadumia.org, ben a través dunha mensaxe privada no noso perfil do facebook ou ben chamando aos números

986 71 84 91/99 (de 8:00 a 15:00 horas).