Xantar de confraternidade

IMG_20160516_131117 A Comisión Organizativa poñerá á venda as entradas para o xantar de confraternidade que terá lugar o sábado dia 1 de xuño, e que será no pavillón municipal de Barrantes a partir das 14:30.

   O menú vai a ser o xa tradicional neste evento, composto por: empanadas, pulpo, carne ó caldeiro,  rosca e fresas con viño , e   todo regado con tinto Barrantes.

  Os convites poden adquirirse por 25€/persoa, nos seguintes establecementos:

Cafeteria Aromas,

Cafe o Che,

Bocateria Lareka,

Restaurante Lucho,

Furancho A de Siso,

Bar o Santiaguiño,

Oficina Abanca barrantes,

Oficina Banco Popular Barrantes